A área sanitaria de Santiago e Barbanza acolle unha exposición sobre cancro de mama metastásico
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 10 2019

Santiago, 28 de outubro de 2019.- A xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, o xefe do Servizo de Oncoloxía Médica, Rafael López, e Merce Morro, doente con cancro de mama atendida no Hospital Clínico inauguraron esta mañá a exposición Unha palabra, unha muller, unha vida que poderá ser visitada durante ata o 8 de novembro no patio da entrada principal do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

 

Segundo unha enquisa, case a metade dos galegos adultos non saben que é o cancro de mama metastásico (CMm), mentres que case o 95% aseguraron coñecer o cancro de mama. Ante estes resultados o laboratorio farmacéutico Pfizer e a Federación Española de Cancro de Mama decidiron apostar por dar visibilidade a esta grave enfermidade.
 
A área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza detecta cada ano 300 novos casos de cancro de mama deles, uns 70 son de cancro de mama metastásico. Segundo manifestou Eloína Núñez “a área sanitaria de Santiago e Barbanza  quixo sumarse a esta iniciativa e apoiar ás mulleres e asociacións de doentes que as acompañan dando voz a esta fermosa exposición que, estou segura, axudará a que moita xente se sinta máis preto das mulleres que o padecen”.
 
“A boa noticia –continuou Núñez- é que cada vez contamos con máis ferramentas para loitar contra a versión máis agresiva do cancro, e a área sanitaria tamén está aí” en referencia á intensa participación do Hospital Clínico na meirande parte dos ensaios clínicos de novidosos fármacos que xa se están a incorporar á loita contra o cancro nos hospitais españois e dos que se beneficiaron con anterioridade as doentes composteláns. “Están a aparecer novas terapias que están revolucionando o seu tratamento e mellorando calidade de vida destas doentes”, engadíu.
 
A exposición selecciona 30 das expresións máis empregadas polos españois para referirse a esta patoloxía ou para apoiar ás mulleres que a padecen e traduce o seu significado ao sentimento que produce nas persoas que a reciben.
 
Na súa elaboración participou unha doente, Amelia Nerin, e contouse coa colaboración literaria e plástica de 6 artistas, para plasmar en ilustracións e textos este dicionario: Miguel Herránz, Ignacio Vleming e Patricia “La Chica Metáfora”, poetas e as ilustradoras: Ana Galváñ, Laura Pacheco e Marta Antelo.
 
 

 

Saúdos

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss