O centro de saúde da Estrada, os servizos de Cardioloxía e Oncoloxía, e a unidade de Enfermidades infecciosas de Pediatría, gañadores na XIV Edición do Premios Best in Class, que recoñecen aos mellores servizos sanitarios de España
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
31 10 2019

Santiago, 29 de outubro de 2019.- Co fin de promocionar a calidade asistencial nos hospitais e centros de saúde, concédense cada ano os premios Best in Class (BIC). A calidade asistencial, a innovación e a atención ao doente dos traballadores da área sanitaria de Santiago e Barbanza foi novamente recoñecida nestes prestixiosos premios BIC, promovidos anualmente polo diario de información sanitaria Gaceta Médica e a cátedra de Innovación e xestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e aos que este ano concorreron máis de 800 servizos de hospitais de toda España.

 

 
O Centro de Saúde da Estrada, os servizos hospitalarios de Cardioloxía e Oncoloxía,  así como a Unidade de Enfermidades Infecciosas de Pediatría veñen de ser galardoados nas súa categorías como os mellores de España, nunha gala celebrada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Asistiron a este acto a xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína  Núñez, a  subdirectora de Calidade Asistencial, Humanización e Atención á Cidadanía da área compostelá, Beatriz Pais, o responsable de calidade, Gerardo Atienza, o xefe de servizo de Cardioloxía, J. Ramón González-Juanatey, o xefe de servizo do Centro de Saúde da Estrada, Juan Sánchez, o xefe de Servizo de Oncoloxía Médica, Rafael López, e a responsable da Unidade de Enfermidades Infecciosas Pediátricas, Irene Rivero.
 
O CHUS, os servizos de Farmacia Hospitalaria, Microbioloxía, Neuroloxía, Pneumoloxía, Reumatoloxía, Nefroloxía e Dixestivo, e así como as unidades de Esclerose Múltiple (do Servizo de Neuroloxía) e de Farmacia Oncolóxica (do Servizo de Farmacia), e a investigación en Oncoloxía, quedaron finalistas, é dicir entre os 5 primeiros de España.
 
Estes premios teñen como obxectivo recoñecer publicamente aos mellores centros de atención primaria e hospitalaria de España, así como aos mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.
 
A concesión dos premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable dos datos recollidos nos cuestionarios de autoavaliación cumprimentados polos hospitais e centros de atención primaria.
 
A Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e as distintas sociedades científicas colaboran dando rigor e independencia ao sistema de avaliación da calidade asistencial.

A organización dos Premios BiC só fai públicos os ganadores e finalistas en cada categoría. Os ganadores reciben un diploma acreditativo nun acto público e a prestación dun servizo que lles sirva de ferramenta de mellora continua. Ademais, os ganadores e finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.
 
 

 

 

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss