O DOG PUBLICA O INICIO DOS PRAZOS DE INCORPORACIÓN AOS DESTINOS ADXUDICADOS NO CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE 2019, NA CATEGORÍA DE MÉDICO DE FAMILIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 11 2019
 

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o inicio dos prazos de cesamento e toma de posesión do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2019, na categoría de médico de familia de atención primaria.

Neste proceso, obtiveron destino un total de 117 profesionais, dos cales 20 xa están a prestar servizos no mesmo centro, en comisión de servizos ou baixo outro réxime de quenda. Hai ademais outros 18 que cambian de área sanitaria.
 
Por necesidades organizativas, e para preservar o normal funcionamento das institucións sanitarias coa incorporación destes profesionais como consecuencia da resolución deste proceso, os facultativos que estean a prestar os seus servizos no Sergas cesarán o primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
 
A toma de posesión do novo destino debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, e no prazo de quince días hábiles, se implica cambio de área sanitaria.
 
Coa resolución deste proceso dáse cumprimento ao compromiso deste departamento sanitario de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos seus profesionais, permitíndolles optar a novos destinos, dunha forma áxil, sen suxeición a prazos, mediante o emprego de medios telemáticos e cunha maior periodicidade na adxudicación de destinos.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss