O DOG PUBLICA HOXE O NOMEAMENTO DOS 241 MÉDICOS DE FAMILIA QUE APROBARON A OPOSICIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 11 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o nomeamento dos 241 aspirantes seleccionados na última oferta pública de emprego da categorías de médico de familia de atención primaria. Ademais se recolle o nomeamento de 18 postos no grupo de xestión da función administrativa; 9 de grupo técnico da función administrativa; 7 de enxeñeiro técnico; e 6 de técnico superior en documentación sanitaria.

Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de decembro próximo.
 
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
 
Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
 
Con esta publicación declárase finalizado o proceso de concurso-oposición para estas categorías.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss