CONFERENCIA ASF MÉTODO CANGURO: O TRIÁNGULO DE AMOR, CALOR E LACTACIÓN MATERNA PARA OS PREMATUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 11 2019

Cando un bebé nace antes de tempo, en moitas ocasións ten que estar separado dos seus pais, e estes pais sofren o que se coñece como un “duelo anticipatorio”. O neonatólogo do Hospital Universitario Joan XXIII de Tarragona, Adolfo Gómez Papí, é un profesional que traballa no seu hospital dende unha perspectiva IHAN, (Iniciativa para a humanización da asistencia ó nacemento e a lactación) xa dende o ano 1997, con ampla experiencia neste ámbito, e que esta mañá compartía en Ferrol as claves do vínculo, do apego e do Método Canguro “un triángulo de amor, calor e lactación materna”, nun salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide cheo de profesionais, nais, pais e bebés.
Na conferencia Vínculo afectivo e relación de apego en prematuros, falou tamén, entre outras cuestións, de como se senten os pais con nenos prematuros, de potenciar o contacto precoz, e das vantaxes dese contacto precoz e da lactación materna. Resumía que o método canguro e o contacto pel con pel  ten beneficio para ámbalas dúas partes “porque o  neno encontra o máis parecido ó ventre materno; e a nai vence os obstáculos ó achegarse a ese bebé co que ten “un frechazo que dura toda a vida”. Esta conferencia é unha iniciativa da Asociación BBTTA en colaboración cos profesionais deste ámbito na Área Sanitaria de Ferrol. De feito, representantes desta Asociación agradeceron durante o acto desta mañá que na Área se estea a traballar para “conseguir esta importante acreditación IHAM” e, tamén, “o esforzo en mellorar a atención ás nais“.
Frechazo e Apego
Este especialista en Neonatoloxía invitado, Adolfo Gómez Papí, avalou tódalas súas afirmacións con ciencia e experiencia ó longo dos anos. Está demostrado que o Método Canguro responde a tres claves: o mencionado triángulo de amor, calor e lactación materna. O método canguro baséase en manter o contacto continuado,  aplicando calor da propia nai ou pai que envolven ó seu fillo sobre o seu peito. Isto facilita ó bebé seguir con liberdade e sen axuda os seus propios reflexos, que este profesional aconsella que non se coarten, como pode ser un deles o de succionar e mamar. Avogou por “devolverlle o prematuro ós sus pais, os auténticos protagonistas do coidado dos seus fillos”, e por “aplicar coidados centrados no desenvolvemento”, xa que está demostrado que a plasticidade e maduración cerebral e neuronal vese favorecida. Tralo parto o nivel de oxitocina é elevado, e cando se pon ó bebe no peito ese nivel sube novamente co que ese vínculo afiánzase.
Trátase, explicaba esta mañá de potenciar así o vínculo (instinto biolóxico) con este método que se basea no contacto pel con pel; e o apego entendido como “autorregulación afectiva”, isto é,  o equilibrio emocional tanto da nai como do neno, e que vai favorecer o seu proceso de crecemento e evolución. Os estudos amosan, continuaba, que “as nais que fixeron pel con pel son máis cariñosas cos seus nenos prematuros, os sosteñen máis nos seus brazos, ou se inclinan cara a lactación materna”. Este método consegue a redución comprobada da  mortalidade, a infección ou a hipotermia, por exemplo.
En resumo, describía, o método canguro, “consegue que o neno se sinta como no ventre da súa nai, sinte o latexo do seu corazón e o seu olor”; e a nai “regula as necesidades de temperatura do bebé”. Con este método “separáranse prematuramente e agora están xuntos”, subliña. E resumiu unha serie de consellor para os profesionais: non esquecer que os pais dunh neno prematuro están en duloM empatizar coa nai e felicitala ppor calquera logriÇK adacilitar o contacto con outras nais premde prematuraos e que to,men o peitro durante o método canguro.
CHUF na procura da IHAM
En relación con todo isto, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol xa aplica o método canguro e o contacto pel con pel, favorecendo manter á porta aberta e o contacto cos bebés prematuros, que son ó redor de 80 ó ano nesta área sanitaria. O interese por favorecer conferencias deste tipo é un chanzo máis nas iniciativas do centro hospitalario da área ferrolá, que xa iniciou os trámites para acadar a acreditación IHAM, e constituía no mes de marzo deste ano unha Comisión de Lactación. Esta  Comisión está formada por 19 profesionais de diversos ámbitos: especialistas en Pediatría do centro hospitalario e dos centros de saúde, en Enfermaría Obstétrico Xinecolóxica (matrona), tamén dos centros de saúde e do Complexo; Enfermaría de Pediatría, Cirurxía, Tocoloxía, Obstetricia e Partos; Anestesia; Farmacia; e unha representante da asociación da área ferrolá, BBTTA.
 
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN ÁREA SANITARIA DE FERROL.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss