A Área Sanitario de Santiago e Barbanza celebra a semana do prematuro
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
19 11 2019

Santiago, 19 de novembro de 2019.-  A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza  celebra  a semana do prematuro que comezou o día 17 e concluirá o 23.

 

Até o momento o servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico Universitario, que o ano pasado rexistrou 159 nenos prematuros,  organizou unha serie de actos como o día  dedicado aos irmáns, data na estes que puideron entrar na unidade e participar na realización do método canguro (pel con pel). A área de neonatoloxía, dentro do seu plan de humanización, implica aos pais dos bebés ingresados fomentando o contacto pel con pel de maneira permanente na unidade, e que estes días, de xeito ocasional, se fai extensivo a outros familiares.  Tamén onte se realizou un Taller de Porteo.
Hoxe tivo lugar na Aula Andrea a xornada de encontro entre nais doadoras e familiares de  receptores do Banco de Leite compostelá. O Banco de Leite Materno da  área sanitaria de Santiago e Barbanza é o primeiro en España certificado pola Norma UNE 170003 de xestión de riscos para a seguridade do doante. No se terceiro ano de funcionamento, o centro acadou máis de 240 doantes a até o de agora abasteceu máis de 300 bebés prematuros de A Coruña e Ferrol, ademais de Santiago. Amais, dende o banco se lles axuda ás nais dos bebés receptores a lograr dar de mamar aos seus fillos co apoio da unidade de lactación materna.
Mañá será o Día dos Avós. Eles poderán entrar libremente ao longo do día e participar nos coidados dos seus nenos e realizar o método canguro se o desexan.
O xoves terá lugar a xornada de Portas Abertas na que os familiares, de acordo cos pais dos pacientes, poderán entrar sen límite de horario. A mañá do día 22 será docente, na que se celebrará unha charla sobre Fisioterapia na atención do Prematuro, e un encontro con Psicólogas especialistas. Pola tarde, os xogadores do Obradoiro visitarán a unidade de Prematuros e compartirán a xornada cos nenos que pasaron pola unidade e os irmáns e familiares que queiran achegarse. Despois, haberá unha sorpresa para os nenos e nenas.
A semana remata o sábado cun contacontos e un ágape de celebración e convivencia na Aula Andrea.
 
Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss