O CHUAC SITÚASE NO POSTO 12 COMO MELLOR HOSPITAL DE ESPAÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
27 11 2019

O Monitor de Reputación Sanitaria, elaborado pola consultora Merco, empresa especializada neste tipo de estudos, sitúa ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña no posto 12, como mellor Hospital de España e como mellor hospital da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mellora 6 postos con respecto ao mesmo estudo realizado o pasado ano, polo que ascende do posto 18 ao posto 12.
 
Dentro deste estudo, no que participaron moitos dos 787 hospitais, tanto públicos como privados existentes en España, o CHUAC competiu ao nivel de hospitais como La Paz e Gregorio Marañón de Madrid ou Clínic de Barcelona.
 
En canto aos servizos sanitarios con mellor proxección de España, o de Cirurxía Oral e Maxilofacial e o de Farmacia Hospitalaria do CHUAC, quedaron nos postos 6º e 8º, respectivamente, dentro de cadansúa categoría.
 
A estes hai que engadir aos servizos de Xinecoloxía, Nefroloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Xeral, Reumatoloxía, Neumoloxía, Pediatría, Uroloxía, Radiodiagnóstico e Cardioloxía, que se atopan entre os 15 mellores de España.
 
Este ranking elabórase (este ano a través de máis de 5.200 enquisas) tendo en conta a opinión de xerentes e directivos hospitalarios, médicos, persoal de enfermería, ademais de asociacións de pacientes e periodistas especializados en materia sanitaria. Para elo analizáronse máis de 1.000 indicadores de calidade e rendemento asistencial.
 
A elaboración dun estudo deste tipo, que avalía a calidade asistencial da maior parte dos hospitais españois, é unha iniciativa que contribúe a mellorar os niveis de calidade do sistema sanitario español. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss