O SERGAS INCORPORA A CATEGORÍA DE TÉCNICO SUPERIOR EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS AO CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 12 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a Resolución da convocatoria de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de técnico superior en prevención de riscos laborais. É a primeira vez que se abre o proceso de concurso de traslados aberto e permanente para esta categoría.

Esta convocatoria manterá a súa vixencia no tempo, cunha oferta de prazas e adxudicación de destinos que terán unha periodicidade mínima anual.

A solicitude de participación deberá efectuarse a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/Expedient-e/Sección de Procesos), en calquera momento, sen suxeición a prazo, dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Neste ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides ata o 15 de xaneiro de 2020.
 

A oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación de 2020 farase pública no primeiro trimestre do próximo ano.

Habilitouse o buzón concurso.traslados@sergas.es para a resolución de dúbidas que poidan xurdir neste procedemento.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss