03 12 2019
A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de publicar no perfil do contratante unha resolución pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de substitución da cuberta e reparación da fachada no centro de saúde de Ortigueira, mediante procedemento aberto. Esta intervención de mellora ten un presuposto base de licitación de 288.503,37 euros, con IVE incluído, e un prazo de execución de 3,5 meses.
Esta reforma ten unha dobre finalidade, propoñer un novo sistema de impermeabilización do conxunto de cubertas para evitar filtracións de auga, e solucionar desprendementos do aplacado de lousa da fachada do edificio en dous dos seus patios interiores.
O Concello de Ortigueira conta cun total de 5.219 tarxetas sanitarias, que se distribúen entre o Centro de Saúde de Ortigueira obxecto destas actuacións, con 3.681 tarxetas sanitarias; e os consultorios de Espasante, con 939 tarxetas sanitarias, e o de Ponte Mera, ó que lle corresponden un total de 599 tarxetas.
O Concello de Ortigueira está atendido por un total de 26 profesionais: 6 profesionais médicos, 1 pediatra, 1 odontólogo, 2 fisioterapeutas, 1 farmacéutico, 7 profesionais de Enfermaría, 2 Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría, 1 especialista en Enfermaría Obstetrico-xinecolóxica (matrona), 1 hixienista dental, 3 profesionais con funcións administrativas e xerais, e 1 celador.
No Punto de Atención Continuada para este Concello desenvolven a súa actividade un total de 4 profesionais médicos, 3 profesionais de Enfermería e 4 celadores.