GALICIA CONSOLIDA A SÚA POSICIÓN NOS PRIMEIROS POSTOS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS CON MELLORES RESULTADOS NAS LISTAS DE ESPERA CIRÚRXICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 12 2019

Galicia continúa a manterse entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde (SNS) na espera media cirúrxica con 56 días de espera media a xuño deste ano. En comparación co resto de servizos de saúde do Estado, Galicia é a cuarta situada na comparativa entre as comunidades autónomas. Sitúase despois de Madrid e A Rioxa, con 46 e 47 días respectivamente de espera media; e Pais Vasco, con 49 días.

Así se recolle nun informe comparativo publicado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, que inclúe unha comparativa dos datos do conxunto de Comunidades Autónomas do Sistema Nacional de Saúde. Con estes datos, a nosa comunidade autónoma consolida as tendencias dos últimos anos e sitúase 59 días por debaixo da media nacional, que segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade é de 115 días de espera media a xuño deste ano.
 
Así mesmo, a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 6 meses para unha intervención é do 1,9% en Galicia, fronte ao 15,8% do SNS. Un dato que tamén rexistra un descenso con respecto de xuño de 2018, cando a porcentaxe de pacientes con máis de 6 meses de espera era de 2,8%, e de 12,2% na media do Sistema Nacional de Saúde.
Consultas de enfermidade
 
O tempo medio de espera para as consultas de enfermidade en Galicia é de 38 días. Unha cifra moi por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, situada en 81 días en xuño de 2019. Isto supón que os galegos esperan unha media de 43 días menos que o conxunto de cidadáns do Sistema Nacional de Saúde.
 
Sinalar, así mesmo, que a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 20,8% en Galicia, fronte ao 42,6% do SNS.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss