O CONSELLEIRO DE SANIDADE E A ALCALDESA DE MOAÑA AVANZAN NAS NEGOCIACIÓNS CARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 01 2020
 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, co obxectivo de seguir avanzando no estudo das necesidades para a construción do novo centro de saúde deste municipio. Trala xuntanza, que se desenvolveu nun clima de colaboración e cordialidade entre os reprensentantes de ambas administracións, o departamento sanitario autonómico enviará ao concello, nos próximos días, a redacción do novo convenio que permitirá conformar un acordo en breve.

  
A dotación do novo centro de saúde está enmarcada no Plan de necesidades de Atención Primaria de Cangas-Moaña, cunha visión supramunicipal e que permitirá que os municipios desta zona dispoñan de maiores coberturas e servizos. Este plan, que conta cun investimento de 11,2 millóns, beneficiará a máis de 45.000 habitantes e ampliará os servizos tanto en horario como en prestacións. O devandito plan contempla, ademais do centro de saúde de Moaña, a construción do Centro Integral de Saúde Cangas-Moaña, e actuacións de mantemento e mellora en dispositivos existentes como os de Aldán, Hío e Domaio.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss