OS NENOS E NENAS DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE FERROL DESFRUTARON HOXE DA ESTREA DE A GALIÑA TURULECA NUN CINEMA ESPECIAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 01 2020

Os nenos e nenas do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol acudían esta mañá a unha sesión de cine especial. A aula hospitalaria, no primeiro andar do Complexo, transformábase en cine para emitir a estrea do filme A Galiña Turuleca. Isto foi posible grazas á iniciativa da Fundación Andrea, e  o apoio de Filmax e da Xunta de Galicia. Os nenos que pola súa patoloxía tiñan que estar illados desfrutaron tamén deste personaxe especial dende os seus cuartos en monitores individuais.

Tal e como indican dende a Fundación Andrea, “o obxectivo desta acción é poder achegar a maxia do cine ós nen@s ingresad@s, e irromper na súa rutina cunhas horas de ilusión e entretemento”, nas que, xunto cos seus pais, poden desfrutar en familia das aventuras desta galiña. Era posible tamén esta mañá retratarse coas figuras a gran tamaño dos personaxes.
A Galiña Turuleca é unha coprodución internacional entre España e Arxentina, que se preestreaba en San Sebastián na Festival Internacional de Cine, o pasado setembro.

Ademais, esta Fundación aproveitaba a visita desta mañá para ceder unha pantalla con consola, xogos e películas para a UCI pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. A Área Sanitaria de Ferrol agradece esta iniciativa da Fundación Andrea e a colaboración dos e das profesionais do Complexo que permitiron unha sesión peculiar coa Galiña Turuleca.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss