SANIDADE REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE E PON A DISPOSICIÓN DOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA 125 NOVOS VEHÍCULOS DE MOTORIZACIÓN HÍBRIDA PARA REALIZAR O SEU TRABALLO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 01 2020
 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu hoxe, na Cidade da Cultura, ao acto de recepción dos 125 novos vehículos que o seu departamento vai poñer a disposición dos inspectores de saúde pública, para realizar as súas funcións. No acto estivo presente, así mesmo, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares. Con esta iniciativa, substitúense os actuais vehículos con motorización diésel por novos vehículos de motorización híbrida, non enchufables, gasolina/eléctrico, para o desempeño das tarefas de inspección durante os vindeiros 5 anos.

Seguindo o compromiso mediambiental da Xunta de Galicia, na contratación deste vehículos tívose en conta, de forma prioritaria, o fomento do uso de enerxías máis limpas e con menos emisións de contaminantes. En consecuencia, e en aras de favorecer a saúde pública, priorizáronse sistemas alternativos de motorización, pero que á vez fosen viables coas necesidades dos servizos de inspección e coas infraestruturas actuais nas zonas e en xeral, na Comunidade Autónoma.
 
O persoal inspector de saúde pública actúa conforme a plans e programas de vixilancia e control orientados a evitar riscos no ámbito da seguridade alimentaria e a sanidade ambiental, o que implica unha gran mobilidade e un gran número de desprazamentos ao longo da nosa comunidade, que xustifican a necesidade de dispoñer dunha flota de vehículos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss