O SERGAS FIXA A DATA DA OPE PARA UN TOTAL DE 277 PRAZAS DE VARIAS CATEGORÍAS DE ENFERMERÍA ESPECIALISTA, FISIOTERAPIA E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 01 2020

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar, data e hora da fase de oposición dos procesos selectivos correspondentes á convocatoria do ano 2019. En concreto trátase das probas para o acceso a un total de 277 prazas, das cales 126 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), 30 á categoría de enfermaría familiar e comunitaria, 18 a enfermaría pediátrica, 2 a enfermaría do traballo, 30 a enfermería especialista en saúde mental e 71 á categoría de fisioterapeuta.
 

 

No caso das categorías de enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría pediátrica e enfermaría do traballo, trátase do primeiro proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde para estas especialidades de enfermaría. Trátase do desenvolvemento do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista.

 

 
En total resultaron admitidas 9.276 persoas das cales 7.530 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais, 191 á categoría de enfermaría familiar e comunitaria, 187 a enfermaría pediátrica, 54 a enfermaría do traballo, 133 a enfermería especialista en saúde mental e 1.181 a fisioterapeuta.
 
As probas selectivas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra). O sábado 8 de febreiro, en xornada de tarde, examinaranse os aspirantes das categorías de persoal de servizos xerais, enfermería pediátrica e enfermería familiar e comunitaria. O domingo 9 de febreiro en xornada de mañá, faráno os aspirantes das categorías de enfermaría do traballo, enfermaría de saúde mental e fisioterapeuta.

 

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde recóllese ainformación das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss