ALMUIÑA TRASLADARÁ AO MINISTRO DE SANIDADE A NECESIDADE DE ELIMINAR A TASA DE REPOSICIÓN PARA FAVORECER A ESTABILIDADE DOS PROFESIONAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
26 01 2020

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, trasladará ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, a urxencia de que o Ministerio de Sanidade adopte unha serie de medidas para mellorar a situación dos profesionais sanitarios. Nunha carta, na que o conselleiro de Sanidade solicita un encontro persoal co ministro de Sanidade, Almuiña ofrece a máxima disposición para traballar pola mellora da sanidade española e pola sostenibilidade do sistema nacional de saúde.

Neste senso, Almuiña reiterará ante o novo ministro a necesidade de eliminar a tasa de resposición como unha das actuacións prioritarias para a estabilización dos profesionais a través das ofertas públicas de emprego. O Goberno galego leva tempo insistindo na necesidade de que o Ministerio adopte con urxencia medidas de carácter extraordinario para afrontar a carencia de especialistas no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
 

Na misiva, o conselleiro de Sanidade pide tamén abordar outros temas como o futuro do sistema común en todo o territorio nacional da formación sanitaria especializada (MIR).

Ademáis, Almuiña solicita a convocatoria do Consello Interterritorial Monográfico sobre financiación sanitaria e lembra que é un compromiso inaplazable adquirido polo Ministerio de Sanidade, que quedou pendente de realización.

O conselleiro de Sanidade tamén reitera a importancia de abordar os problemas de subministración de medicamentos que están a acontecer en España. Sanidade vén solicitando dende hai meses medidas ao Ministerio, xa que os desabastecementos producen un baleiro terapéutico deixando aos pacientes sen alternativa de tratamento, coas graves consecuencias que iso supón.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss