O CONSELLEIRO DE SANIDADE SUBLIÑA O COMPROMISO DOS CIDADÁNS COA DOAZÓN DE SANGUE E LEMBRA A NECESIDADE DE AUMENTAR AS RESERVAS DOS GRUPOS CERO NEGATIVO, A POSITIVO E B POSITIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 01 2020

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, doou sangue hoxe nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañado pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García.

O conselleiro de Sanidade apelou a xenerosidade e solidariedade dos cidadáns para que doen sangue, e que, aínda que, coma sempre, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doadores e doadoras, nestas semanas, estase a precisar un aumento de doazóns dos grupos A Positivo, Cero Negativo e B Positivo.
 
O conselleiro de Sanidade lembrou que ao longo da presente semana as unidades móbiles de ADOS visitaran máis de concellos galegos para facilitar o acceso á doazón dos cidadáns, un  esforzo significativo ao que hai que engadir a posibilidade de participar nos sete locais permanente de atención ao doador de sangue, existentes nas sete grandes cidades galegas.
 
Así mesmo, desde ADOS lembran que esta mesma semana principia a segunda fase da campaña de doazón en centros educativos, universitarios e non universitarios. Esta campaña, que despraza as unidades móbiles da Axencia ata as inmediacións dos centros educativos, desenvolverase ata o vindeiro mes de maio e supón o primeiro contacto coa doazón de sangue dos máis novos e novas.

  

Campañas informativas
A Consellería de Sanidade lembra que a Axencia de Doazón de Sangue e Órganos desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.
 
Para iso pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.es; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss