O SERGAS PUBLICA AS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 01 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG), publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e ós resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Ditas categorías son de albanel, carpinteiro, celador, cociñeiro, costureiro, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro, pasador de ferro, perruqueiro, pinche e telefonista.

En total producíronse un total de 25.726 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración, sendo a de celador a categoría con maior número de solicitudes., con 10.193 inscricións. 0 10,14% foron novas inscricións, realizadas despois da data límite de presentación do proceso anterior. Ademais, resultaron excluídas do proceso o 1,29% das solicitudes de participación.

A lista provisional de admitidos e excluídos coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado dos admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os/as aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 
Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.

 

Próximas publicacións
Está previsto que proximamente se publiquen as listas provisionais das categorías de técnico sanitario de formación profesional.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss