A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza asina un acordo de colaboración coa asociación galega de transplantados medulares
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 02 2020

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2020.- A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza  asinou esta mañá un acordo de colaboración coa Asociación Galega de Transplantados Medulares (ASOTRAME). O convenio asinouno a xerente da área, Eloína Núñez, e Mario Álvarez, coordinador de ASOTRAME Santiago, que estiveron acompañados pola subdirectora de Calidade Asistencial, Humanización e Atención á Cidadanía, Beatriz Pais e polo xefe de servizo de Hematoloxía, José Luís Bello.

 

ASOTRAME,  asociación que forma parte do consello asesor de pacientes da área sanitaria compostelá, ten como obxectivo poñer en marcha accións e informacións destinadas á mellorar a situación das persoas afectadas  por transplantes medulares, dos seus familiares e contorno social.
O convenio recolle as seguintes iniciativas:
-       Proxecto Apoio Entre Iguais: destinado a establecer relacións entre pacientes que acaban de ser diagnosticados de cancro hematolóxico e ex pacientes, co propósito de apoiar aos primeiros no proceso da enfermidade, mellorando a asimilación da nova situación a través do intercambio  de experiencias e vivencias  e o apoio emocional.
-       Proxecto Luces de Cores: iniciativa que pretende combater a especial dureza de determinadas épocas do ano, como por exemplo o Nadal. Trátase de impartir uns talleres creativos, cuxas obras se mostrarán mediante a instalación dunha exposición na planta de Hematoloxía.
-       Axudas Materiais en Hospitais: unha forma de colaboración que xa materializou nos últimos anos, como por exemplo o caso das pedaletas, para o fomento da actividade física dos pacientes ingresados.
-       Proxecto café con ASOTRAME: un espazo de encontro que, con periodicidade mensual, pretende que os familiares dos pacientes ingresados poidan interactuar e coñecerse, situándoo na sala de estar da planta e contando coa presenza de voluntarios/as e cunha psicóloga da asociación.
-       Arte e Emocións, iniciativa desenvolvida por unha artista multidisciplinar, consistente na realización de talleres plásticos, unha vez por semana, para pacientes ingresados co obxectivo de facilitar a través da experiencia artística, a expresión das emocións.
Amais destas actividades concretadas, o convenio quedou aberto a calquera outra iniciativa.
Para a Xerente da área sanitaria compostelá, Eloína Nuñez, trátase “de avanzar no obxectivo de intensificar a colaboración entre asociacións e os profesionais dos nosos centros para a consecución dunha mellor atención ás persoas das que nos ocupamos”.
Pola súa banda, Mario Álvarez en nome de ASOTRAME  afirma que “o convenio é o paso que faltaba para poder consolidar a nosa presencia en planta, aumentando o abano de actividades que se poidan facer. Todo isto non sería posible sen a axuda e o apoio dos grandes profesionais que conforman o servizo de hematoloxía”, cuxo xefe é o doutor José Luís Bello.
 

 

 Saúdos,

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss