AS III XORNADAS DE CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS REUNIRON A 150 ASISTENTES NO ÁLVARO CUNQUEIRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 02 2020

 

 
​Un total de 150 persoas participaron hoxe nas III Xornadas de Cardiopatías Conxénitas celebradas no Hospital Álvaro Cunqueiro. O evento foi inaugurado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que estivo acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña.
 
No transcurso da súa intervención, o Conselleiro anunciou que o seu departamento está ultimando un protocolo para a prescrición de exercicio físico nos nenos diagnosticados dunha cardiopatía, en colaboración con cardiopediatras, fisioterapeutas, enfermería, profesores de educación física e representantes da Consellería de Educación.
 
“O obxectivo é  abordar as patoloxías prevalentes cardiolóxicas na infancia, estratificar o seu risco e realizar as recomendacións pertinentes en canto ao exercicio físico, e ademais compartir esta información coas familias e educadores, é dicir, incorporar a actividade física con seguridade e contribuír por tanto a optimizar a calidade de vida dos nenos”-explicou o conselleiro.
 
As xornadas,organizadas por Late Corazón! Asociación Gallega de Cardiopatías Conxénitas e a Comunidad Virtual C.C. de É-Saúde, contou cos relatorios de persoal médico e de enfermaría asi como con mesas redondas e obradoiros de profesionais sanitarios, pacientes, familiares e asociacións afíns a estas doenzas. En paralelo,  desenvolveuse unha programación específica infantil, xa que tamén participaron unha trintena de nenos e nenas que puideron aprender técnicas de Reanimación Cardiopulmonar; a tomarse o pulso; e conceptos básicos sobre o corazón, a súa anatomía  e funcionamento. Ademais, tamén se divertiron con obradoiros de cociña e papiroflexia.

 

As cardiopatías conxénitas son alteracións estruturais do corazón producidas por defectos  na súa formación durante o período embrionario. Trátase das enfermidades conxénitas con maior incidencia poboacional, afectando a o 1% da poboación en España.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss