CAMIÑAR EN FAVOR DOS NENOS E NENAS CON ENFERMIDADES DE LONGA DURACIÓN, CRÓNICAS OU TERMINAIS E ÁS SÚAS FAMILIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 03 2020

CAMIÑAR EN FAVOR DOS NENOS E NENAS CON ENFERMIDADES DE LONGA DURACIÓN, CRÓNICAS OU TERMINAIS E ÁS SÚAS FAMILIAS

 


 

  • Unha andaina organizada pola Escola Infantil do Hospital Universitario de Ourense co apoio do Servizo de Pediatría servirá para recoller fondos a favor da Fundación Andrea
     
  • A inscrición destinarase integramente a programas de apoio, humanización hospitalaria e axuda familiar
     
  • A andaina transcurrirá por Taboadela o vindeiro 28 de marzo tendo como punto de partida o local social de A Rábeda ás 10.30
     
Ourense, 03 de marzo de 2020.- A Escola Infantil do Hospital Universitario de Ourense, co apoio do Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras organiza a terceira edición da súa Andaina Solidaria, a favor da Fundación Andrea, organización sen fins de lucro, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais, obxectivo ao que se adicará integramente o importe da inscrición.

 


Desde hai uns anos, a Fundación Andrea colabora activamente co servizo de pediatría ourensán, tanto na humanización de espazos das áreas de hospitalización, como mediante o apoio ás familias destes nenos e nenas, dándolles igualmente respaldo a aquelas que se deban trasladar do seu lugar de residencia para os tratamentos ou hospitalización.

Este ano, a andaina transcurrirá polo municipio de Taboadela, Concello que colabora na organización, cedendo seu local social da Rábeda, onde terá lugar ao remate un xantar, que será gratuíto ao igual que o avituallamento, grazas a respaldo de numerosas empresas locais, que financian desde o seguro ao avituallamento, o que permite destinar integramente os 10 euros da inscrición á labor social.

Para inscribirte só é preciso realizar unha transferencia de 10 euros á conta da Fundación Andrea (ES64 2100 4876 032200044308) poñendo nome, apelidos e DNI e incluindo, como concepto, “ASOU”. Ademais, para as persoas que non podan asistir e desexen colaborar, existe outra posibilidade de facelo, ingresando a cantidade desexen aportar, e engadindo o texto “Dorsal 0”.

Andaina e roteiro por Taboadela
Os participantes poderán optar por dous percorridos, en función da súa capacidade ou adestramento. A andaina, de 15 kilómetros aproximadamente, ou ben un roteiro cultural de 6 km.

Ambas rutas sairán do local social da Rábeda (Taboadela) ás 10.30 h. Para rematar de novo neste punto para xantar, tamén terán actuacións de folclore tradicional e sorteos, grazas a colaboración dos patrocinadores.

SAÚDOS, SERVIZO DE COMUNICACIÓN

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde