O SERGAS E OS HOSPITAIS PRIVADOS FUNCIONARÁN COMO UN SISTEMA ÚNICO E INTEGRAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
17 03 2020
 

​O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19.

Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo  unha vídeo conferencia cos responsables  dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se porán en marcha para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados.
 

Así mesmo, o conselleiro destacou que tamén se estableceu contacto con todas as empresas de ambulancias de Galicia, para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade.

Durante a xuntanza Almuiña destacou que a Xunta continúa mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de reco9mendacións.

 

O conselleiro lembrou que a Xunta segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss