​AS TELEVISIÓNS DE HABITACIÓNS DE PACIENTES XA SON GRATUÍTAS EN VARIOS CENTROS HOSPITALARIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 03 2020

Todos os hospitais da rede do Servicio Galego de Saúde están a facilitar a gratuidade das televisións das habitacións de pacientes que son de pago. Empezouse o pasado luns e, na actualidade, esta medida xa está implantada nos hospitais de Santiago, Vigo, Pontevedra, e A Coruña; así como no Hospital da Mariña e de Ferrol.

Mañá implantarase tamén nos hospitais de Lugo e Monforte. A Xerencia da área de Ourense está a traballar para buscar a solución técnica que permita facer operativa esta medida canto antes.
 

Esta actuación está enmarcada como complemento das medidas preventivas especiais nos centros sanitarios en materia de Saúde Pública, co obxectivo de manter unhas boas prácticas de prevención e contención da enfermidade. En concreto, coa medida de  limitación a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro sanitario. O obxectivo é facilitar e mellorar a estadía dos pacientes ingresados.

O pasado luns 16 de marzo, a Xunta deu instrucións a todos os centros do Servizo Galego de Saúde para que todas as televisións das habitacións de pacientes que tivesen televisión de pago, pasasen a ser de uso gratuíto. Esta instrucción estivo condicionada ás dificultades técnicas de execución das mesmas (que precisasen cambiar instalacións en habitacións ou similares) e, nese caso, solicitábase a busca de alternativa.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss