SANIDADE PON EN MARCHA NA CORUÑA UN PLAN SANITARIO PARA AS PERSOAS SEN FOGAR EN COLABORACIÓN CO CONCELLO, CRUZ VERMELLA E ENTIDADES DE VOLUNTARIADO SOCIAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 03 2020

​A Consellería de Sanidade, en colaboración co Concello da Coruña, da Cruz Vermella e de varias entidades de voluntariado social. vai poñer en marcha, a través da Xerencia Integrada da Coruña, o  Plan Coruña sen teito Covid-19 con soporte sanitario (CSTCS). O obxectivo deste plan é  que sirva de soporte sanitario para protexer a saúde das persoas sen fogar na capital herculina e, por extensión a dos demais cidadáns, debido a situación que estamos a vivir por mor do coronavirus.  

O dispositivo da Consellería de Sanidade polo Plan CSTCS estará ubicado no Pavillón de Deportes e Polideportivas de Riazor.
 
Para a atención sanitaria a estas persoas poderá haber un ou dous médicos, así como un profesional de enfermería, que serán os encargados de realizar o soporte, que será   presencial e/ou tecnolóxico ao dispositivo alomenos menos unha vez ao día.
 
As persoas sen teito supoñen un colectivo especialmente vulnerable a padecer enfermidades infecciosas, unha situación especialmente preocupante no referido ao Covid-19.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss