SANIDADE PUBLICA A ORDE POLA QUE SE ENCOMENDA AOS PROFESIONAIS SANITARIOS DE ÚLTIMO ANO DE FORMACIÓN AS FUNCIÓNS DE MÉDICO E ENFERMEIRO ESPECIALISTA DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 03 2020

​O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a Orde da Consellería de Sanidade pola que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación de determinadas especialidades o exercicio provisional das funcións de facultativo adxunto especialista, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria ou enfermeiro especialista, durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo coronavirus.

Deste xeito, establécese a prórroga da contratación de residentes en último ano de formación tal como esixe a norma estatal, das seguintes especialidades: Xeriatría, Medicina do Traballo, Medicina Familiar e Comunitaria; Medicina Intensiva; Medicina Interna; Medicina Preventiva e Saúde Pública; Pneumoloxía; Pediatría e as súas áreas específicas; Radiodiagnóstico; Microbioloxía e Parasitoloxía; Anestesioloxía e Reanimación; Enfermería do Traballo; Enfermería Familiar e Comunitaria; Enfermería Xeriátrica e Enfermería Pediátrica.

O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña recoñecerá aos citados profesionais sanitarios as percepcións económicas da categoría profesional correspondente durante o tempo que desempeñen as ditas funcións, así como promoverá a valoración dos servizos prestados na citada categoría/especialidade nos procesos selectivos e de provisión de postos dentro do Sistema público de saúde de Galicia.
 
Esta iniciativa adóptase co fin de contribuír á correcta prestación asistencial e durará en función das necesidades asistenciais derivadas da evolución da crise sanitaria e do que dispoña a normativa estatal.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss