CHEGAN A GALICIA 700.000 MÁSCARAS ADQUIRIDAS POLA XUNTA E DE DOAZÓNS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 03 2020
 

​Chega a Galicia o primeiro envío de máscaras cun total de 700.000 unidades adquiridas pola Xunta e procedentes de doazóns. Un total de 500.000 desas unidades foron adquiridas pola Xunta e o resto proceden de doazóns, 100.000 de Inditex e outras 100.000 de Grupo Caamaño. A partir da semana que comeza mañá, prevese que continúen recepcionándose os envíos dos restantes lotes adquiridos pola Xunta a distintos proveedores. O material foi entregado polo proveedor na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e dende alí será distribuído a toda a comunidade.

A Consellería de Sanidade procederá a distribuír este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.

 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss