A XUNTA CONSIDERA IMPRESCINDIBLE O AUMENTO DE PRAZAS MIR E EIR NA VIXENTE CONVOCATORIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 05 2020

​A Xunta de Galicia vai solicitar ao Goberno central un incremento no número de prazas a ofertar para a formación de especialistas médicos e de enfermería na vixente convocatoria en curso 2019-2020. Para a Administración galega é imprescindible este aumento, xa que deste xeito poderá formar a un maior número de especialistas que se incorporen ás áreas sanitarias da comunidade tras o seu período de residencia.

Concretamente solícitase un incremento de prazas para residentes daquelas especialidades máis deficitarias ademais de noutras de áreas de coñecemento especialmente vinculadas á atención de pacientes por covid-19. Así, as prazas a incrementar serían  un Mir en anestesioloxía e reanimación,  un Mir de medicina interna, un Mir de medicina intensiva, un Mir de xeriatría, un Mir de microbioloxía e  parasitoloxía, dous Mir de  radiodiagnóstico, cinco  Mir de medicina familiar e comunitaria, dous  Mir de medicina preventiva e saúde pública e un Eir de enfermería xeriátrica. En total serían 15 novas prazas.
 
Estes incrementos engadiríanse ao xa realizado na convocatoria en curso, polo que a oferta vixente 2019-2020 pasaría de 457 a 472 prazas. Galicia realiza este ano a maior oferta do seu rexistro histórico para a formación sanitaria especializada. Na comparativa da nova convocatoria 2019-2020 coa do ano anterior, rexístrase con esta ampliación un incremento total do 16,83%, 68 prazas máis que en 2018.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss