O Servizo Galego de Saúde elaborou o seu propio plan de continxencia ante a pandemia do Covid-19. A previsión de recursos asistenciais e capacidade de asistencia hospitalaria que se contempla prevé unha capacidade asistencia hospitalaria en distintas fases para poder chegar a dispor de 10.313 camas de hospitalización convencional para atención a enfermos de COVID-19 (38,2 camas por 10.000 habitantes), e 689 camas de coidados críticos (2,55 camas de coidados críticos por 10.000 habitantes). Do total de camas de hospitalización convencional para COVID-19, 8.149 correspóndense coa rede de centros públicos do Sergas, 906 da rede de centros privados e 1.258 cunha expansión hospitalaria que se podería activar en 5 días. Da capacidade para críticos, o plan contempla 554 camas na rede pública e 135 nos centros privados.
Por tanto, os recursos asistenciais hospitalarios son superiores aos mínimos establecidos na Orden SND/387/2020, de 3 de maio, pola que se regula o proceso de cogobernanza coas comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla para a transición a unha nova normalidade
Capacidade asistencial hospitalaria |
Horquilla que establece o Ministeiro de Sanidade Orden 387/2020 |
Capacidade de asistencia hospitalaria do Servizo Galego de Saúde |
N.º camas coidados intensivos |
1,5-2 por 10.000 habit |
2,55 camas de coidados críticos por 10.000 habitantes |
N.º de camas para enfermos agudos |
37-40 camas por 10.000 habitantes |
38,2 camas de hospitalización convencional por 10.000 habitantes |