A Dirección Xeral de Saúde
Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última
actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia
ascende a 2.758, deles 650 son da área da Coruña, 166 da de Lugo,
426 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 754 da área de Vigo, 500 da
de Santiago, e 115 da de Ferrol.
Do
total de pacientes positivos, 24 permanecen en UCI, 183 están en
unidades de hospitalización e 2.551 no domicilio. Polo de agora, en
Galicia hai un total de 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591
falecementos.
O
número de PCR realizadas é de 113.167.
A
Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación
interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o
contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste
senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as
medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
|
TOTAL
GALICIA
|
DENTRO
DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
|
NÚMERO
DE CASOS
|
2.758
|
348
(usuarios)
|
236
(profesionais)
|
FALECEMENTOS
|
591
|
132
(en residencias)
|
135
(en hospitais e residencias integradas)
|
O
número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de
servizos sociais de Galicia supoñen o 1,4% do total das persoas
residentes.
Na
xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros
residenciais.
Os
datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos
que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso
do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A
Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número
061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o
número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas
leves de coronavirus.
Sinalar,
ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina
web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar
información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a
outros colectivos.
Así
mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da
poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre
o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos
cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os
técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de
Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as
comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en
liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e
limitación da diseminación do virus común a calquera infección
respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans,
lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse,
e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao
tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado
cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas
mans.