O SERGAS PUBLICA AS LISTAS PROVISIONAIS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 06 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e ós resultados provisionais de baremación, no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia: enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria e persoal de servizos xerais.


Xeráronse un total de 19.998 inscricións. Resultan excluídas do proceso o 0,53% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes é a de enfermeiro con 11.498 inscricións. O 13,70% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

As listas atópanse publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, calefactor, condutor, electricista, fontaneiro e mecánico. Así mesmo publicaranse as listas provisionais para nomeamentos temporais do persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais de clase de inspector médico, clase de subinspector sanitario, clase ATS/DUE, clase de inspector farmacéutico, clase de farmacéutico inspector de saúde pública e lista xeral de licenciado sanitario: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas e licenciado en psicoloxía.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss