O SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUF FAI ENTREGA DE CASE UNHA TONELADA DE PRODUCTOS Ó BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 06 2020

O Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol comenzaba o pasado 6 de maio unha campaña de recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas. “Se algo hai en común nos profesionais sanitarios e non sanitarios deste hospital é a humanidade, a solidariedade e a empatía. Xuntemos eses valores para axudar a tódalas persoas que agora mesmo non dispoñen de medios a que teñan cuberta unha das súas necesidades básicas”.
Deste xeito, profesionais do Servizo de Urxencias iniciaban a súa particular devolución de aplausos á sociedade, e solicitaban ós compañeiros e compañeiras da Área Sanitaria de Ferrol colaboración para axudar ós colectivos más desfavorecidos na crise sanitaria e social que se viviu por mor do coronavirus. Estes profesionais recordaban que “moitas familias non dispoñen de alimentos nestes delicados momentos e que as solicitudes ós bancos de alimentos se incrementaban”, polo que colocaron caixóns no corredor administrativo do Servizo e iniciaron a recompilación.
A axuda materializábase hoxe, un mes máis tarde, coa entrega ó Banco de case unha tonelada de produtos, un total de 945 quilos, en medio centenar de caixas cheas de, fundamentalmente, produtos de hixiene e de alimentación como cereais, pastas, arroz, leite, aceite e conservas; e outro medio centenar con produtos de alimentación infantil. Dende o Servizo de Urxencias, destacan a alta colaboración de tódolos profesionais da Área, xa que chegaron produtos dende moi distintos puntos; e, tamén, do persoal do Almacén, que axudou tanto na almacenaxe como coa carga de todo esta mañá. Dende o Banco de Alimentos agradecían esta “moi boa entrega”.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss