“UN FONDO E SINCERO AGRADECEMENTO POLAS DISTINTAS ACHEGAS DIRECTAS A ÁREA SANITARIA DE FERROL”, NUNHA MOSTRA NO CHUF
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 06 2020

“Un fondo e sincero agradecemento polas distintas achegas directas a esta Área Sanitaria de Ferrol”, estas son as palabras que encabezan un listado de entidades e agradecementos que esta Área quere facer a moitos particulares, profesionais, empresas e institucións do entorno que colaboraron dun xeito ou doutro durante a pandemia. Non son todos as que están plasmados neste listado, tan só son unha representación do entorno, xa que moitos deles fixérono de xeito global a través do Servizo Galego de Saúde para tódalas Áreas Sanitarias, ou ben porque contactaron directamente cos profesionais nos distintos centros que conforman esta Área.
Xunto con isto, ademais, durante estes complexos meses, chegaron moitas mostras de cariño en forma de debuxos, tanto de particulares como de escolas, e que hoxe teñen o seu espazo nunha pequena mostra, no corredor do andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. É un xeito tamén de agradecer ese coloridos apoios para os e as profesionais que chegaron durante eses días.
Son moitas as grazas que hai que dar, e así se reflicten algunhas deles nesta mostra: “Moitas grazas ás empresas que non están aquí pero que doaron diversos materiais a todo o Sergas ou directamente ós nosos profesionais. Grazas polo material de diversos particulares e  persoas anónimas. Grazas ós profesionais xubilados que non dubidaron en volver se era necesario, e ó persoal voluntario. Grazas a todos e cada un dos nosos profesionais. E grazas á poboación xeral pola súa colaboración”.
Isto non rematou, e a colaboración de todos seguirá sendo crucial con tres medidas básicas que, poboación, profesionais, empresas e institucións poden facer en común: gardar as distancias recomendadas, empregar a máscara axeitadamente e lavar as mans de xeito continuado.
Nesta pequena mostra,  “dende a Área Sanitaria de Ferrol queremos compartir estas grazas e a enerxía recibida toda esta temporada, que fai entender a solidariedade e o altruísmo que emana de forma natural do ser humano ante situacións de crises colectivas. Moitas grazas!!!”

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss