O SERGAS ACTIVARÁ O NÚMERO 881 00 2021 DE ATENCIÓN PARA AS PERSOAS QUE VISITEN GALICIA E PRESENTEN SINTOMATOLOXÍA COVID-19 DURANTE A SÚA ESTANCIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 06 2020
 

​A Consellería de Sanidade activará mañá luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien sintomatoloxía Covid-19 durante a súa estadía na comunidade.

A nova medida establecida pola Xunta de Galicia ten por obxecto extremar o diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das fronteiras, adiantada polo Goberno central, e a ausencia de limitacións na mobilidade das persoas.
 
Nesta mesma liña, a medida pretende facilitar que calquera persoa que visite Galicia nas vindeiras datas, e presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do Servizo Galego de Saúde e que estes podan decidir dun xeito áxil tanto á realización das probas de detección da Covid-19 que consideren necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.
 
Neste senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da Covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 2021 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.
 
Cómpre subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía Covid-19 non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.
 
No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente se lle informaría do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. Non obstante, de confirmarse un caso positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario TELEA.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss