O SERGAS PUBLICA AS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO PROCESO DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO E FUNCIONARIO SANITARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 06 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: calefactor, condutor, electricista, fontaneiro e mecánico. Xeráronse un total de 3.719 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. Resultan excluídas do proceso o 1,56% das solicitudes de participación

Así mesmo publícanse os resultados provisionais de baremación correspondentes ás listas de selección temporal de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), nos colectivos profesionais das clases de inspector médico, subinspector sanitario, ATS/DUE, inspector farmacéutico, farmacéutico inspector de saúde pública e na lista xeral de licenciado sanitario: licenciado en medicina e cirurxía, licenciado en farmacia, licenciado en ciencias químicas, licenciado en ciencias biolóxicas e licenciado en psicoloxía.

As listas provisionais de admitidoss e excluídos coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado poloss admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Nas mesmas resolucións ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 

Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.

Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, enxeñeiro técnico, facultativo especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, terapeuta ocupacional e traballador social.
 
 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss