O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A RELACIÓN DE SELECCIONADOS NA OPE PARA 30 PRAZAS DE CELADOR NA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 07 2020

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no concurso oposición para a o ingreso na categoría de celador, nas prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual. O número de prazas ofertadas é de 30.

Este proceso selectivo súmase aos xa convocados e actualmente en tramitación das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería e o de pinche de próxima convocatoria, que suman un total de 105 prazas. O seu obxectivo é facilitar a integración laboral das persoas con discapacidade intelectual e permitir o seu exercicio profesional coa incorporación ás distintas áreas das institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia.
 
Tras esta publicación da relación dos seleccionados, iníciase o prazo de elección de destino. Os aspirantes disporán de dez días hábiles, comprendidos entre o 16 e o 29 de xullo, para seleccionar os destinos ofertados por orden de prelación. Na determinación dos destinos a ofertar tivéronse en conta as condicións de discapacidade acreditada polas persoas aspirantes seleccionadas.
 
Para facilitar o procedemento para de selección, a Administración pon á súa disposición na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) un modelo de formulario en formato editable no que o aspirante, logo de cubrir os seus datos persoais, seleccionará os destinos ofertados por orde de maior a menor preferencia, identificados polo concello onde están situados.
 
Cómpre subliñar que este é o primeiro proceso selectivo no Servizo Galego de Saúde no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. Para a elaboración dos temarios e adaptación das normas e instrucións xerais do proceso a lectura fácil, o Sergas contou coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión e DOWN Galicia.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss