SANIDADE LÉMBRALLE Á LIGA E AO CF FUENLABRADA A OBRIGA LEGAL DE COMUNICAR ÁS AUTORIDADES SANITARIAS OS RESULTADOS DE CALQUERA PROBA DE COVID-19
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 07 2020

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de trasladarlle por medio de senllas comunicacións á Liga Nacional de Fútbol Profesional e ao CF Fuenlabrada o seu malestar tras reincidir na realización de test sen comunicárllelo previamente so departamento de Saúde Pública da Xunta de Galicia, tal é como establece a normativa vixente, e ademais coñecer o resultado de 5 novos positivos no plantel do cadro madrileño a través dos medios de comunicación.

Por medio de senllas cartas, dirixidas aos presidentes da LNFP, Javier Tebas, e ao presidente do CF Fuenlabrada, Jonathan Praena, a Dirección Xeral de Saúde Pública reiteroulle aos responsables de ambas institucións que calquera proba diagnóstica debe ser comunicada de forma urxente e prioritaria ás autoridades sanitarias competentes.
 
Neste sentido, Saúde Pública trasladou o seu malestar polos feitos acontecidos na tarde deste xoves 23 de xullo, na que o departamento sanitario da Xunta de Galicia, coñeceu  ao través dos medios de comunicación, a existencia de 5 novos casos positivos entre os membros do CF Fuenlabrada.
 
Así mesmo, Saúde Pública lamenta o carácter reincidente deste tipo de comportamentos que incumpren a normativa vixente en materia de comunicación obrigatoria das enfermidades infecto-contaxiosas, como é o caso da covid-19.
 
Porén, a Consellería de Sanidade reitera que é a autoridade sanitaria competente en todo o territorio galego e que, como tal, continuará aplicando dun xeito estrito todos os protocolos sanitarios e todas as medidas que sexan necesarias, baseándose, única e exclusivamente, nos resultados que sexan obtidos polos laboratorios públicos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
 
Por último, Sanidade anunciou que o novo incidente que tivo lugar na xornada de hoxe será incorporado ao expediente aberto polo servizos de inspección de Saúde Pública o pasado luns. 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss