O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 07 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de: enxeñeiro técnico, facultativo especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, terapeuta ocupacional e traballador social.

Xeráronse un total de 8.410 inscricións, resultando só excluídas do proceso o 1,45% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes é a de fisioterapeuta, con 1.377 inscricións.
 

As listas provisonais atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións
Está previsto que mañá, xoves 30 de xullo se publiquen as puntuacións provisionais do proceso de actualización das listas de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria e enfermeiro especialista en enfermería pediátrica así como as listas definitivas de  enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e médico de urxencias hospitalarias.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss