GALICIA E PORTUGAL INTERCAMBIARÁN INFORMACIÓN SOBRE A EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DA COVID-19
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
07 08 2020

O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mesma mañá unha xuntanza por videoconferencia co Secretario de Estado da Saúde do Ministerio de Saúde de Portugal, António Sales. O obxectivo desta reunión foi o de establecer unha colaboración para intercambiar información sobre a evolución da situación epidemiolóxica por mor da covid-19, tanto en Galicia como en Portugal. Deste xeito, a comunidade autónoma galega facilitará datos correspondentes as súas áreas sanitarias, mentras que Portugal fará o propio coa información das súas rexións.

 
Este intercambio de información enmárcase no espíritu de colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal e que cobra agora unha especial relevancia por mor da loita contra a pandemia mundial da covid-19. Dada a estreita relación entre ambos territorios e o continuo tránsito de viaxeiros a un lado e outro da fronteira, o coñecemento mútuo das respectivas situacións epidemiolóxicas será unha ferramenta mais para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis axeitadas para combater a pandemia.

 

 

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss