SANIDADE ESTABLECE CON CARACTER PREVENTIVO MEDIDAS DE RESTRICIÓN NOS CONCELLOS DA COMARCA E ÁREA SANITARIA DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
07 08 2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou esta mañá en rolda de prensa, logo da reunión de expertos do Comité Clínico na que se analizou a evolución da covid-19 na área sanitaria da Coruña, da decisión de establecer medidas preventivas de restrición nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada. Así, como nos centros residenciais e de día de toda a área sanitaria Coruña-Cee.
 
Almuiña sinalou que tras avaliar o aumento de casos rexistrado nas últimas datas na área da Coruña, o departamento sanitario decidíu adoptar tres niveis diferenciados de medidas coa intención de frear a expansión da covid-19 na comarca da Coruña.
 
Entre as medidas preventivas anunciadas polo consellerio de Sanidade, establecese a restricción das visitas e saídas dos usuarios dos centros residenciais na totalidade dos concellos da área sanitaria Coruña-Cee. Ademais, neste mesmo ámbito, ficarán pechados os centros de día.
 
Xa no ámbito da comarca da Coruña -Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Coruña, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada-, e co ánimo de frear a transmisión do virus entre a xente moza, desde esta medianoite prohíbese o ocio nocturno no conxunto destes 9 concellos, onde ademais, estarán prohibidas as festas e verbenas e limitaranse as reunións privadas de persoas non-convivintes a un máximo de 10.
 
Engadido a estas medidas, os concellos da Coruña, Oleiros, Arteixo, Culleredo e Cambre, terán restricións adicionais, como son a limitación dos aforos dos establecementos comerciais e de hostalería ao 50% e o horario de peche máximo de bares e restaurantes, que se adiantará á 1:00h.
 
O responsable da carteira sanitaria da Xunta de Galicia, apuntou que estas medidas serán publicadas esta tarde nunha edición especial do Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entrarán en vigor ás 00:00h desta noite.
 
O conselleiro explicou que as medidas teñen un marcado carácter preventivo e que a  súa adopción debe contribuir a frear o aumento de casos positivos que se estan rexistrando nas últimas datas nos municipios próximos á cidade da Coruña. Así, destacou que serán revisadas dentro de 5 días, cando se avaliarán as súas posible modificacións.
 
Por último, Almuiña anunciou que desde o vindeiro luns establecerá reunións telemáticas diarias co conxunto de rexedores dos concellos da comarca coruñesa.
 
Rexistro obrigatorio de viaxeiros procedentes de zonas con alta incidencia covid-19
Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer durante algún dos últimos 14 días en territorios que posúan unha alta incidencia epidemiolóxica, dereberán proporcionar os seus datos no formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou ben chamando ao teléfono 881 00 20 21.
 
Neste sentido, facilitaráselles a todos os viaxeiros un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceria se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aquelas persoas que non dispoñan dela. Ademais, tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias para que poidan gozar con seguridade da súa estadía na comunidade galega.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss