A AXENCIA DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A DOAR SANGUE Á CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS CERO NEGATIVO E A POSITIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 08 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía para participar na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos Cero negativo e A positivo.
 
As reservas dos grupos Cero negativo e A positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.
 
Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando neste período vacacional o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de agosto, así como no resto do período estival. Ademais, e aínda que nestes días é preciso aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, faise especial mención aos grupos Cero negativo e A positivo.
 
Os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue, unha cifra que non diminúe no verán, senón que pola contra, o período estival presenta dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.
Engadido a esta conxuntura, as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades, coincidentes coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.
 
Facilitar a participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando até dez unidades móbiles nos vindeiros 3 días aos seguintes concellos:
 
Data
Lugar
Mércores 12 agosto
Cedeira, Laxe, Guísamo (Bergondo), Área Central-Fontiñas (Santiago), Calo (Teo), Praza Herrería (Pontevedra), Zona Camelias e Rúa Venezuela (Vigo), Aldán e Coiro (Cangas), Reinante, Barreiros, Ribadavia
Xoves 13 agosto
Pontedeume, Carballo, Oleiros, Tordoia, Palmeira (Ribeira), Vilagarcía, Teis (Vigo), Arcade, Monforte, Portocarreiro (Ourense), Rairiz de Veiga
Venres 14 agosto
Praza de Armas (Ferrol), Pontedeume, Carballo, Fonteculler (Culleredo), Noia, Agolada, Vilagarcía, Rúa Príncipe (Vigo), Arcade, Monforte, O Posio (Ourense)
 
Así mesmo, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas:
 
Lugar
Horario
Hospital Clínico Universitario de Santiago
Luns a venres das 08:00 ás 22 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)
Hospital Universitario da Coruña
Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)
Hospital Arquitecto Marcide Ferrol
Luns e venres das 15:00 ás 22 horas (agás o venres 14, de 08:00 a 15:00)
martes, mércores e xoves das 08:00 a 15:00
Hospital Lucus Augusti
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Universitario de Ourense
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Provincial de Pontevedra
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Nicolás Peña de Vigo
Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)

Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
 
ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Na páxina web pódese descargar o código QR e atopar máis información.
 
ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss