A XUNTA DE GALICIA INTERVÉN A RESIDENCIA DE MAIORES DOMUSVI LUGO, EN OUTEIRO DE REI
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 09 2020

A Xunta de Galicia vén de tomar a decisión de intervir a residencia de maiores DomusVi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei, tralo incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado hoxe. Tras avaliar a evolución epidemiolóxica do centro, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esta decisión para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro.

Coa intervención sanitaria da residencia, os profesionais do Servizo Galego de Saúde farán un seguimento médico constante das persoas usuarias desta residencia e supervisarán a correcta aplicación dos protocolos aprobados pola Xunta de Galicia.
 
Tómase esta decisión no mesmo día no que se coñecen os resultados do segundo cribado practicado na residencia, no que se realizaron 168 probas PCR tanto a residentes como a traballadores. Neste cribado detectáronse 94 novos positivos entre os usuarios e 5 entre os profesionais.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss