A AXENCIA DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A DOAR SANGUE Á CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS A POSITIVO E B POSITIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 09 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo e B positivo.

As reservas dos grupos A positivo e B positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

 

Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue.

 

Cómpre remarcar que os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue.

 

Facilitar a participación

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando as súas unidades móbiles ao longo da xeografía galega.

 

Data

Lugar

Mércores 16 setembro

Pontedeume, Carballo, Zona Gaiteira / Os Castros (A Coruña), Forte, Camporrapado, Bertamiráns (Ames), O Grove, Tui, Rúa Príncipe (Vigo), Cervo, San Cibrao (Cervo), Vilar de Barrio, Oimbra, Dacon (Maside), Maside.

Xoves 17 setembro

Betanzos, Carballo, Bº Elviña (A Coruña), Santa Comba, Negreira, Cambados, Tui, Baiona, Palas de Rei, Ribadavia

Venres 18 setembro

Betanzos, Baio (Zas), Zona Monelos – Castrillón (A Coruña), Boiro, Esteiro (Muros), Vilagarcía, Gondomar, Baiona, Praza Maior (Lugo), Avda. Buenos Aires (Ourense)

Sábado 19 setembro

As Somozas, Urbanización A Barcala (Cambre), Boiro, Vilagarcía de Arousa, Gondomar, Praza Maior (Lugo)

 

Así mesmo, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas:

 

Lugar

Horario

Hospital Clínico Universitario de Santiago

Luns a venres das 08:00 ás 22 horas

sábado das 08:00 as 15:00 horas

Hospital Universitario da Coruña

Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas

sábado das 08:00 as 15:00 horas

Hospital Arquitecto Marcide Ferrol

Luns das 15:00 ás 22 horas

martes, mércores e xoves das 08:00 a 15:00

venres das 08:00 ás 22:00 horas

Hospital Lucus Augusti

Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Universitario de Ourense

Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Provincial de Pontevedra

Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Nicolás Peña de Vigo

Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas

sábado das 08:00 as 15:00 horas

 

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

 

ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Na páxina web pódese descargar o código QR e atopar máis información.​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss