Os pacientes con deterioro cognitivo seguen coa tendencia de acudir á consulta de neuroloxía do Clínico en estadíos leves
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 09 2020

Santiago, 21 de setembro de 2020-  A área sanitaria de Santiago súmase á celebración do Día Mundial da Enfermidade de Alzhéimer, recordando a  importancia de continuar coa tendencia de acudir á consulta  de neuroloxía cognitiva en estadíos leves.

 

Para o doutor Juan Manuel Pías Peleteiro, facultativo da unidade de demencias do CHUS, “este ano, marcado pola pandemia Covid-19, conseguise manter en todo momento as consultas de neuroloxía cognitiva.  Dada a situación excepcional e pensando na especial vulnerabilidade por idade e copatoloxía dos pacientes con deterioro cognitivo e demencia, nalgúns casos optouse por revisións telemáticas”.
O responsable da unidade de Demencias Cognitivas do CHUS, José Manuel Aldrey, indica que  “na unidade estudamos os efectos do confinamento sobre os pacientes con enfermidade de Alzhéimer e os seus coidadores. Concluímos que os pacientes do medio rural gozaron dunha maior estabilidade que no medio urbano, probablemente ao afectarlle menos o confinamento ás súas rutinas  establecidas. Moitos coidadores, especialmente no medio urbano, sufriron os peches de centros de día e doutras posibles actividades de estimulación”.
Outro dato significativo é que, seguindo coa tendencia de anos anteriores, os pacientes con deterioro cognitivo acoden á consulta de forma máis precoz, en estadíos máis leves, o que permite un diagnóstico de inicio  máis temperá do tratamento. Máis da metade dos pacientes que consultamos neste últimos anos presentan alteración cognitiva leve ou incluso queixas de deterioro cognitivo sen afectación funcional nin repercusión neuropsicolóxica.
Segundo o doutor Aldrey “en consonancia con esto, regularizouse o uso de determinacións específicas de biomarcadores de E. De Alzheimer na práctica asistencial habitual, co que podemos facer diagnósticos  cada vez máis precoces”.
Con respecto á asistencia, cada ano vense máis de 2.500 pacientes por sospeita de demencia nas consultas de neuroloxía cognitiva da área sanitaria compostelá, das que unhas 800 son primeiras consultas.
Na unidade teñen en conta que o alzheimer non só afecta oa paciente, senón que ten unha repercusión extraordinaria sobre os familiares, e especialmente sobre aquel que ocupa o posto de coidador principal, De aí que a unidade de demencias do servizo de neuroloxía da área compostelá cuxo responsable é o doutor José María Prieto, elaborase un proxecto pioneiro de formación de coidadores impulsado pola socióloga Ana Díaz e os neurólogos da unidades (doutores Aldrey e Pías).
“Estas estratexias defínense como o conxunto de esforzos  e actitudes que o coidador principal dedica a tratar de solucionar os problemas e obstáculos derivados da enfermidade, que son percibidos como excesivos. Analizar esta carga para poder aliviala é necesaria para aplicar o tratamento ao doente no sentido amplo da patoloxía”, afirma o doutor Pías.
 
Prevención
Xa que aínda non existe un tratamento curativo eficaz, aconséllase insistir na prevención: control de factores de risco vascular (diabete, HTA, colesterol), exercicio físico, dieta variada, estimulación cognitiva, manter relacións sociais o máis intensas posible, reducir consumo de alcohol e tratar a depresión.

 

Saúdos

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss