SANIDADE LIMITA A CINCO PERSOAS AS REUNIÓNS EN OURENSE E APLICA RESTRICIÓNS NO BARCO DE VALEDORRAS, SANXENXO E MEIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 09 2020

A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas  públicas e privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios. Así mesmo, continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade.

Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anti covid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica.
 
O Comité clínico decidiu tamén a inclusión do Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis no conxunto de concellos con restricións. As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor as 00:00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días.
 
Deste xeito, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis pasa a formar parte do grupo de concellos con restricións constituído por Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames).
 
Entres estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
 
A Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa levantan restricións
Finalmente, e ante a evolución estable dos datos, o Comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos da Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa, que desde esta mesma medianoite volven adoptar as mesmas medidas que no resto de Galicia.
 
A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss