O 061 DE GALICIA ASISTIU A 62 PERSOAS POR 51 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 10 2020

​Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 62 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 2 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 62 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 66% e do 34% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 25 e 34 anos.
 
Por provincias, A Coruña rexistrou 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
 
Provincia
Accidentes
A Coruña
24
Lugo
4
Ourense
3
Pontevedra
20
Galicia
51
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dous sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.s recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dous sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.
 
En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss