SANIDADE COMEZA OS CRIBADOS PERIÓDICOS CON MOSTRAS DE SALIVA DOS TRABALLADORES DAS RESIDENCIAS SOCIOSANITARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 10 2020

A Consellería de Sanidade comezou esta semana o primeiro cribado empregando mostras de saliva dos traballadores de centros sociosanitarios de Galicia e que se realizaran esta semana. Esta técnica posibilita a autotoma por parte dos participantes no cribado e repetirase cada 14 días.
 
A técnica de recollida de mostra é moi sinxela.  O profesional na súa casa, recolle 1ml de saliva ao levantarse, en xaxún sen tomar auga e sen lavarse os dentes, nun tubo. Esta mostra entregarase nas áreas sanitarias e se remiten ao laboratorio de Microbioloxía da Área sanitaria de Vigo. A análise das mostras se leva a cabo mediante a técnica de pooling que permite agrupar varias mostras nunha única análise.
 
En canto ás persoas residentes, dada a imposibilidade da recollida de mostra de saliva, realizarase unha mostraxe aleatoria cada 14 días. Esta mostraxe baséase nun modelo matemático que incorpora distintos parámetros que obxectivan a incidencia da infección ocasionada polo COVID-19 en cada área sanitaria, o  e que permite modificar o número de mostras recollidas en función da situación epidemiolóxica.
 
Con este cribado sistemático nas residencias galegas conseguirase a detección de persoas asintomáticas e, con elo, a prevención e vixilancia da infección ocasionada pola covid-19 e a toma de decisións adaptadas á realidade de cada centro.
 
As persoas que viven nunha residencia de maiores ou de discapacidade atópanse nunha situación de vulnerabilidade ante a infección pola covid-19 por varios motivos: idade avanzada, habitualmente presentan patoloxía de base ou comorbilidades, teñen contacto estreito con outras persoas e adoitan pasar moito tempo en contornas pechadas e con poboación igualmente vulnerable. Ademais, trátase de colectivos no que a sintomatoloxía da enfermidade pode quedar enmascarada. Con este cribado sistemático nas residencias galegas conseguirase a detección de persoas asintomáticas e, con elo, a prevención e vixilancia da infección ocasionada pola covid-19 e a toma de decisións adaptadas á realidade de cada centro.
 
Antecedentes
A Consellería de Sanidade realiza cribados periódicos tanto no persoal, como nas persoas residentes.
A primeira mostraxe nos centros residenciais de Galicia comezou o 2 de abril e rematou o 6 de maio. Realizáronse un total de 35.259 probas PCR, 23.238 a persoas residentes e 12.021 a profesionais en 375 recursos de maiores e 96 recursos de discapacidade e 17 pisos protexidos en comunidades terapéuticas de saúde mental e asistencia ás drogodependencias.
 
A segunda mostraxe comezou o 22 de xuño e rematou o 22 de xullo. Realizáronse un total de 37.629 probas PCR, 22.285 a persoas residentes e 15.344 a profesionais en 375 recursos de maiores, 96 recursos de discapacidade e 13 pisos protexidos en comunidades terapéuticas de saúde mental e asistencia ás drogodependencias.

 

A terceira mostraxe, a última ata que comezou o actual cribado de saliva, dirixiuse ao persoal e realizouse mediante a proba PCR con mostra nasofarínxea. Cando se detectou un/ha profesional positivo levouse a cabo o cribado completo da residencia. Este cribado ao persoal comezou o 25 de setembro e rematou a pasada semana.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss