O 061 DE GALICIA ASISTIU A 48 PERSOAS POR 35 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 11 2020

A Estrada (Pontevedra), 2 de novembro de 2020.- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 48 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 30 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 13 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 44 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 48 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53% e do 47% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 38% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
 
Por provincias, A Coruña rexistrou 15 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 


Provincia
Accidentes
A Coruña
15
Lugo
9
Ourense
2
Pontevedra
9
Galicia
35

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 42. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 34 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.
 
En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss