SANIDADE ACTUALIZOU EN SETEMBRO O PROTOCOLO DE DETECCIÓN E MANEXO DA COVID-19 EN PRIMARIA NO QUE SE PON EN VALOR O TRABALLO DESTE NIVEL ASISTENCIAL NA PANDEMIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 11 2020

​Co fin de aumentar a capacidade de detección dos casos covid-19 en atención primaria como primeira liña de vixilancia e control da pandemia e evitar duplicidades e interferencias entre os diferentes actores que xogan un papel primordial nesta fase da epidemia, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas publicou, o 29 de setembro, na súa páxina web, o "Protocolo para a detección e manexo de casos de infección activa polo virus SARSCoV-2 (covid-19) en atención primaria”. O obxectivo deste protocolo é establecer as accións coordinadas dos facultativos de atención primaria e a Central de Seguimento de Contactos (CSC).

Aos facultativos médicos de atención primaria suprímeselles toda acción burocrática Deste xeito, manexan os casos sospeitosos e solicitan PCR ou test de antíxeno para o diagnostico da covid 19, indicándolle illamento ao paciente ata resultado da proba. Ademais comunican o resultado dos casos positivos (casos confirmados) prescribindo illamento e comunicando as sancións en caso de non cumprimento, realizan o seguimento clínico domiciliario durante a enfermidade para controlar a súa evolución e, no caso de gravidade, enviar á atención hospitalaria.
 
Tamén  entran nas súas funcións dar a alta clínica segundo evolución do paciente e,  no caso de que un paciente se declare contacto estreito, remitirase esta circunstancia á CSC que estudará o caso e confirmará ou non a condición de contacto estreito. Cada médico de atención primaria ten en Ianus (historia clínica electrónica) os casos positivos e os contactos estreitos do seu cupo.
 
No referido ao persoal da CSC é o encargado de realizar a enquisa do caso para definir se é contacto estreito ou non o é. Esta entrevista ten unha duración de entre 15 e 20 minutos. O mesmo sucede coa solicitude de PCR o día primeiro da corentena ao contacto estreito, que é útil para estudo de cadea epidemiolóxica realizado por Xefatura Territorial de Sanidade ou Dirección Xeral Saúde Pública. Deste xeito os facultativos non teñen que realizar estas tarefas burocráticas e poden dedicar ese tempo á presntación asistencial. Outro tanto ocorre co seguimento telefónico diario do contacto estreito que é unha persoa sa en corentena e coa alta da corentena que tamén a determina a CSC.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss