O CENTRO DE VIGO DO GRUPO PSA ACUMULA 66.491 DOAZÓNS E CONSOLÍDASE COMO A EMPRESA ESPAÑOLA DE MAIOR PARTICIPACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 11 2020

A terceira campaña de doazón de sangue que este ano desenvolveu a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nas instalacións do grupo PSA Centro de Vigo, e que tivo lugar os días 27, 28, 29 de outubro e 5 de novembro, concluíu cun excelente resultado de 810 traballadores e traballadoras que doaron sangue, o que supón ter acadado unha cifra récord de participación con 66.491 doazóns dende o ano 1995.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) pon en valor a contribución dun dos principais centros de referencia do tecido industrial galego que, dende sempre, ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co solidario xesto da doazón tanto de sangue como de órganos.
 
Traxectoria solidaria
Hai 25 anos, o PSA Centro de Vigo comenzou a acoller campañas de doazón de sangue promovidas dende a Consellería de Sanidade e que, actualmente, consolidan a esta empresa como un referente a nivel estatal, sendo a empresa con maior número de doazóns.
 

Salientar que, grazas á colaboración dos 810 profesionais de PSA Centro de Vigo que doaron sangue nesta campaña promovida por ADOS, poderanse realizar máis de 355 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de160 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

A dirección de ADOS pon en valor, este ano máis que nunca, a implicación e compromiso de PSA Centro de Vigo co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que teñen permitido que, ao longo destes últimos 25 anos, a factoría viguesa acumule unha cifra próxima ás 66.500 doazóns que a sitúan como referente social de primeira orde no ámbito do altruísmo.
 
Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece o seu compromiso e colaboración á dirección de PSA Centro de Vigo e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue. 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss