​O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DA FASE DE CONCURSO DOS PROCESOS DE SELECCIÓN FIXA PARA O INGRESO EN ONCE CATEGORÍAS DE PERSOAL SANITARIO E DE XESTIÓN E SERVIZOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 11 2020

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará, na súa edición de mañá, a puntuación provisional da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición na última oferta pública de emprego das categorías de enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, fisioterapeuta, médico/a de familia, odontólogo/a de atención primaria, pediatra de atención primaria, persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Unha ampla oferta de 1.492 prazas; das que 772 corresponden á categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería, 254 á de medico de familia, 7 a odontólogo de atención primaria, 93 pediatras de atención primaria, 71 de fisioterapeuta, 126 de persoal de servizos xerais e 169 como enfermeiro das especialidades de saúde mental, traballo, enfermería obstétrico-xinecolóxica, pediátrica e familiar e comunitaria.
 
Cómpre destacar tamén que se cubrirán 11 postos de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería pola quenda reservada a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, que supón un avance máis na integración laboral destas persoas no Sistema Público de Saúde de Galicia, iniciada na oferta pública de emprego de 2016, que permitiu a recente incorporación á prestación de servizos nas institucións sanitarias dun total de 30 celadores, con vínculo fixo, e que continuará con novos procesos para o acceso ás categorías de pinche e persoal de servizos xerais e co establecemento de listas propias de selección temporal.
 
As listas, coas puntuacións provisionais, desagregadas por categoría atópanse publicadas a disposición dos/das interesados/as, no Diario Oficial De Galicia.
 
Os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles para presentar unha reclamación contra os resultados da baremación provisional. A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas, entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
 
Este proceso de selección de persoal fixo tramítase a través do sistema de información Fides/expedient-e, sumándose aos restantes procesos de selección temporal e mobilidade voluntaria, que xa se están a tramitar co apoio desta aplicación, dotando á selección e provisión de prazas do Servizo Galego de Saúde da máxima obxectividade e transparencia; e que aos profesionais a consulta individualizada e detallada do estado de cada un dos méritos achegados ao proceso e os resultados de baremación desagregada.
 
Para poder consultar o detalle da puntuación obtida nos distintos apartados do baremo, cada aspirante poderá acceder ao seu expediente profesional electrónico en Fides/Expedient-e/Sección de Procesos.
 
Próximas actuacións:
Malia o contexto actual provocado pola situación de crise sanitaria, o Servizo Galego de Saúde continúa avanzando na tramitación dos distintos procesos de selección e provisión.
 
Finalizado o prazo de reclamación e revisadas estas polos respectivos tribunais procederase a publicar os resultados definitivos da fase de concurso destes procesos e a relación de aspirantes definitivamente seleccionados.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss