Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 31 persoas debido a 26 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 13 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 11 sinistros de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 35 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 26 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 31 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60% e do 40% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
Por provincias, Pontevedra rexistrou 12 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
10 |
Lugo |
3 |
Ourense |
1 |
Pontevedra |
12 |
Galicia |
26 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 29. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 23 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.
En 20 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.